Presentámonos

IESGA é unha asociación de estudantes que se define fundamentalmente como unha asociación de mozos e mozas de esquerdas, progresista e galeguista, que traballa e loita polos dereitos do estudantado, tendo sempre como base a igualdade, equidade e solidariedade.



Para facer realidade as nosas utopías traballamos en varios espazos; por unha parte na representación do estudantado nos diferentes órganos de goberno da universidade, que son aqueles lugares onde podemos defender os nosos dereitos, traballar para conseguir aquelo que defendemos, e facer uso da crítica constructiva para mellorar á Universidade. Por outra parte, adicamos parte do noso tempo a facer actividades culturais/formativas nas diferentes facultades, actividades que permitan coñecer novos espazos, traballar cuestións máis aló do estrictamente académico...actividades como mesas de debate sobre actualidade como o software libre, adopción por parte de parellas homosexuais, legalización/abolición da prostitución... ou cursos e xornadas sobre programación e deseño de xogos, Habilidades Sociais e oratoria, inglés empresarial, Dereito Penal ou Internacional, a Constitución europea ou os 25 anos da Constitución, Igualdade de Xénero...son algún exemplo das actividades que vimos realizando nos últimos anos nas diferentes facultades.


Dende esta páxina intentamos achegarmos, de primeira man, todo o relacionado coa actuación de IESGA na universidade de Vigo. Esperando servos de utilidade dámosvos a benvida.

Comenzamos...