Voltamos a carga

Despois dun verán caloroso como non se lembra, no que puidemos descansar, e tras o período de exames de setembro, que espero fora proveitoso para todos, voltamos a carga.

Voltamos cun novo curso cheo de novidades importantes como a implantación definitiva dos graos.

Voltamos nun ano que promete ser apaixoante e cheo de traballo. Un ano que aspira a ser a consolidación de IESGA UVIGO, o primeiro dos nosos compañeiros nos distintos órganos de goberno.

Voltamos con proxectos e actividades que vos iremos desvelando co paso dos días.

Voltamos, en resumo, con máis ganas se cabe de seguir traballando, aprendendo e compartindo experiencias cos nosos compañeiros.

Non nos perdas de vista. Vémonos nas aulas.