Creación da Escola de Enx. Industrial

Debido as necesidades que trae consigo a implantación dos novos graos de Enxeñería Industrial, vense de presentar a memoria mediante a cal os centros EUETI e ETSEI fusionaranse nun único centro.

Podedes consultar dita memoria a través de este enlace, onde entre outras cousas, atoparedes a estrutura do novo centro tanto en termos de recursos materiais como humanos.

Como adianto dicirvos que, pese a todo o que se ten especulado, o novo centro contará con dúas sedes; os actuais edificios de ámbalas dúas escolas.

Por último para aqueles que estén a punto de acceder ós novos graos adaptados ó EEES, nesta páxina atoparan tódalas titulacións da Universidade de Vigo.

Un saúdo.

3 de 4

Chegou o momento, tralas eleccións celebradas onte nos tres campus da Universidade de Vigo é a hora de facer valoracións dos resultados obtidos.

Salustiano Mato novo reitor:

En primeiro lugar Salustiano Mato, candidato de Alternativa Universitaria, saíu vencedor na elección a reitor superando cun 52,60% do voto ponderado ó seu adversario Jaime Cabeza, candidato de Nova Universidade que acadou o 47,40% .
Foi pois un resultado moi axustado no que a participación chegou ata o 90% por parte do PDI, 75% PAS e 16% do alumnado.
Con esta vitoria Alternativa Universitaria revalida o seu mandato por cuarta vez consecutiva e dende esta web queremos felicitar o novo reitor e desexarlle que teña un bo mandato.

¡Felicidades Tano!

Primeiros Claustrales de IESGA Uvigo:

No que concerne as eleccións ó claustro universitario a nosa impresión resúmese en satisfacción. Satisfacción polo traballo ben feito. Satisfacción por todo o aprendido durante estas últimas semanas. Satisfacción polos bos momentos compartidos e satisfacción por ter conseguido os primeiros representantes no claustro de IESGA na Universidade de Vigo.

Tan so nos quedamos a un chanzo do pleno. Pleno que sí se cumpriu na escola superior de industriais (ETSEI) onde Francisco Blanco e Yara Iglesias conseguiron candanseu posto de claustral nunhas eleccións moi disputadas e tras obter un alto número de votos a favor.

Pola contra na EUETI, tan so Javier Porto conseguiu o seu obxectivo de formar parte do claustro, tras quedarse fora a outra candidata de IESGA, Gema Valverde.
Dende aquí queremos enviarlle un saúdo a compañeira Gema que pese a non conseguir saír elixida de seguro que seguirá a traballar pola nosa organización dende a súa escola.

Para ver os resultados por circunscrición podedes acceder a eles a través do seguinte enlace.

Para poñer o punto e final a estas eleccións dalas grazas ós compañeiros de Santiago e Coruña que dende a coordinaodra nacional nos axudaron e aconsellaron sempre que o precisamos. E por suposto, felicitar ós tres novos claustrais; Francisco Blanco, Yara Iglesias e Javier Porto desexandolles moita sorte nesta nova etapa que se abre ante eles, na que esperamos disfruten e traballen polos seus compañeiros e para cumprir con seu programa.

¡Noraboa Rapaces!

20-M VOTA IESGA

Non queda nada xa, algo máis de 24 horas para que se abran as urnas e se decida o futuro da Universidade de Vigo.

Último día de campaña, últimos carteis, últimas mensaxes... e posto que durante todo o día de mañá estaremos en xornada de reflexión está será a última actualización da web ata despois das eleccións, cando fagamos valoracións, xa cos resultados na man.

Querémosvos animar por última vez a que participedes destas eleccións, que formedes parte da universidade e que teñades voz na mesma.

Querémosvos pedir tamén que depositedes a vosa confianza en IESGA, que sexades partícipes dos ideais que representamos e nos axudedes a levalos ante todo o claustro universitario.



Para aqueles que aínda estén indecisos podedes consultar o noso programa electoral no seguinte enlace.

E para os despistados, lembrámosvos ós nosos candidatos a membros do claustro
Pola ETSEI: Francisco Blanco Aragón e Yara Iglesias Graña
Pola EUETI: Javier Porto García e Gemma Valverde Pérez

Nada mais, esperamos que esta a nosa primeira campaña fose do voso agrado, e os erros que puido haber esperamos arranxalos na próxima, moitas grazas e...

¡VOTA IESGA!

Reunión con Salustiano Mato

O pasado venres 14 maio, compañeiros de IESGA Uvigo reuníronse co candidato a reitor da Universidade de Vigo por Alternativa Universitaria, Salustiano Mato e algúns dos seus compañeiros de candidatura.

Dita reunión formaba parte dunha serie de encontros que o candidato mantivo con distintas organizacións do ámbito universitario.

No encontro celebrado na Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial (ETSEI), Salustiano Mato tivo a oportunidade de presentar brevemente o seu programa dunha forma mais cercana así como de responder a diversas cuestións plantexadas polos membros de IESGA Uvigo.


Na imaxe: Manuel Fernández, Pablo Nieto, Francisco Blanco, Salustiano Mato, Javier Porto, Xosé A. Vilán, Xosé M. García e Yara Iglesias


Entre ditas cuestións cabe destacar as conversas levadas a cabo a propósito do prezo das taxas ou o cambio de política de ERASMUS en ambas escolas de enxeñeiros industriais.

En troques as taxas, promete traballar cos organismos competentes para fixar unhas taxas ó mais convintes para todos e no referente os ERASMUS dos enxeñeiros industriais plantexa que poda haber un cambio de política consensuado entre dirección dos centros e alumnado para poder cursar asignaturas durante a beca ERASMUS, cambiando a actual na que tan so se pode cursar o proxecto fin de carreira.

Por último, dende IESGA Uvigo, valoramos moi positivamente esta xuntanza, agradecemos a boa disposición amosada polo candidato Salustiano Mato e mailo seu equipo e desexámoslle sorte de cara as elección do día 20.

Reunión con Jaime Cabeza

Como xa vos comunicáramos, membros de IESGA da Universidade de Vigo mantiveron sendas reunións cos candidatos a reitor da Universidade de Vigo. En primeiro lugar falaremos da xuntanza co candidato de Nova Universidade, Jaime Cabeza.

O pasado xoves 13 de maio, o noso coordinador na Universidade de Vigo, Francisco Blanco, reuniuse con Jaime Cabeza e dous membros da súa candidatura, Inma Anaya e Alfonso Lago.

Esta reunión non estaba prevista dentro do calendario de campaña de Nova Universidade, pero por distintas casualidades e grazas a Inma Anaya, a devandita reunión realizouse.

O encontro tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT), onde Jaime Cabeza lle expuxo o seu programa electoral, o modelo de universidade que quere e respondeu ás dúbidas que o noso coordinador foi acumulando durante estes días de campaña.

Na imaxe: Inma Anaya, Francisco Blanco e Jaime Cabeza

Das cuestións que se trataron cabe destacar as que se refiren á política de ERASMUS que hai nas escolas de Enxeñerías, o elevado prezo das taxas que establece a Xunta de Galicia para as mesmas, o funcionamento das delegacións de alumnos e a evalucación curricular.

Sobre a situación que existe nas escolas de Enxeñería de só poder obter a bolsa ERASMUS durante o proxecto de fin de carreira, o candidato promete estudar a situación dos centros e realizar un cambio para que as Enxeñerías poidan igualarse ás demais carreiras do campus. No referente ás taxas, promete comunicarse coa Xunta de Galicia para poder conxelar esa suba de prezos en segundas e posteriores matrículas.

Aclara que esta conxelación ten que vir tras un acordo coas outras dúas universidades galegas e recoñece a dificultade de tal acordo aínda que promete facer o todo o que esté na súa man.

En canto ás delegacións de alumnos, é consciente de que non son unha medida de representación entre universidade e alumnos pero que habería que incentivalas. Formúlaselle se cabería a posibilidade de copiar o modelo que existe nas outras dúas universidades galegas e ante isto responde que será o claustro que saia elixido de estas eleccións quen terá que decidilo.

Sobre á avaliación curricular, Jaime Cabeza, fai fincapé en que non vai suprimila, que se vai normalizar e concretar a devandita normativa e poderá ser regulada polo estudantado no futuro estatuto dos estudantes.

Por último, dende IESGA Uvigo, valoramos moi positivamente esta xuntanza, agradecemos a boa disposición amosada polo candidato Jaime Cabeza e un especial agradecemento a Inma Anaya por toda o interese mostrado e a axilidade para facilitarnos un encontro co candidato.

Desexámoslle sorte de cara ás eleccións do día 20.

Eleccións a Claustro e a Reitor da Uvigo

Nestes últimos días estamos inmersos nun proceso electoral que servirá para renovar o claustro universitario e a súa vez para a elección dun novo Reitor na Universidade de Vigo.

No que se refire a elección de reitor, distintos membros de IESGA Uvigo véñense reunindo nos últimos días con ámbolos dous candidatos, Jaime Cabeza (Nova Universidade) e Salustiano Mato (Alternativa Universitaria). En próximas actualizacións achegarémosvos dende esta web toda-la información e valoración de estas reunións.

No que se refire as eleccións a claustro universitario, que terán lugar o próximo xoves 20 de maio en toda-las escolas e facultades da Universidade de Vigo, catro son os membros de IESGA Uvigo que se presentan como representantes do estudantado a este órgano de goberno.

Pola circunscrición da Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial (ETSEI), os compañeiros Francisco Blanco e Yara Iglesias optarán a dous dos oito postos no claustro que lle corresponden a dita escola.

Dende a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (EUETI), Javier Porto e Gema Valverde serán os membros de IESGA que intentarán estar entre os sete representantes a claustro da EUETI.




Dende aquí queremos desexarlles ós catro toda-la sorte de cara as eleccións, e a todos vos pedirvos que sexades partícipes de este proceso electoral e que depositedes a vosa confianza o día 20 na nosa organización onde sempre defenderemos os intereses do estudantado e faremos valer os nosos ideais de progresismo, galeguismo, igualdade e solidariedade.

Xuntas de Escola/Facultade

Nas últimas semanas véñense celebrando na universidade de Vigo eleccións a xunta de escola ou facultade nalgunhas das escolas e facultades da mesma.
Dende esta web queremos salientar o feito de que dous membros de iesga-uvigo convertéronse na primeira representación da asociación nun órgano de goberno ó seren elexidos como representantes do alumnado nas suas xuntas de escola.

Estamos a falar concretamente de Francisco Blanco Aragón e Javier Porto García:


Francisco Blanco Aragón, coordinador de IESGA no campus de Vigo, membro da coordinadora nacional de IESGA e coordinador da asociación na Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial de Vigo (ETSEI) foi elexido para representar a todolos seus compañeiros na xunta de dita escola.





Javier Porto García, coordinador da asociación IESGA na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo (EUETI) saiu elexido como representante do estudantado na xunta da escola antes mencionada, onde continuará o labor que xa ven desempeñando nos últimos meses.



Nada máis que felicitar a ambos e desexarlles sorte nesta nova etapa que esperamos sexa o máis productiva e ilusionante posible.

Sorte e a traballar