Hai tempo que queríamos tratar un tema neste blog, pero por diversas causas foise aprazando. É ben certo que aconteceu xa hai un par de meses pero aínda que non sexa actualidade desexamos que quede constancia da opinión de Iesga-Uvigo neste seu principal medio de comunicación con todos vos.
Supoño que lembraredes a visita do papa Benedicto XVI o pasado mes de Novembro, na que nunha mesma fin de semana visitou Santiago de Compostela e posteriormente Barcelona.
Pois ben, aproveitando a visita do pontifice, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, enviou a seguinte carta de benvida ó diario ABC.
Pois ben, aproveitando a visita do pontifice, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, enviou a seguinte carta de benvida ó diario ABC.
Por suposto respetamos as crenzas relixiosas de cada quen, e a súa liberdade para exercelas, pero tamén cremos nun ensino laico, polo que non entendemos este xesto por parte de Salustiano en calidade de reitor e máximo representante da Universidade de Vigo, e non a titulo persoal, algo que ó noso xuízo houbese sido totalmente distinto e mais axeitado.
Queremos pois darlle un particular toque de atención a Salustiano para lembrarlle que non debe mesturar o divino co humano, pois poderían acontecer cousas estrañas: