O pasado venres 14 maio, compañeiros de IESGA Uvigo reuníronse co candidato a reitor da Universidade de Vigo por Alternativa Universitaria, Salustiano Mato e algúns dos seus compañeiros de candidatura.
Dita reunión formaba parte dunha serie de encontros que o candidato mantivo con distintas organizacións do ámbito universitario.
No encontro celebrado na Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial (ETSEI), Salustiano Mato tivo a oportunidade de presentar brevemente o seu programa dunha forma mais cercana así como de responder a diversas cuestións plantexadas polos membros de IESGA Uvigo.

Na imaxe: Manuel Fernández, Pablo Nieto, Francisco Blanco, Salustiano Mato, Javier Porto, Xosé A. Vilán, Xosé M. García e Yara Iglesias
Entre ditas cuestións cabe destacar as conversas levadas a cabo a propósito do prezo das taxas ou o cambio de política de ERASMUS en ambas escolas de enxeñeiros industriais.
En troques as taxas, promete traballar cos organismos competentes para fixar unhas taxas ó mais convintes para todos e no referente os ERASMUS dos enxeñeiros industriais plantexa que poda haber un cambio de política consensuado entre dirección dos centros e alumnado para poder cursar asignaturas durante a beca ERASMUS, cambiando a actual na que tan so se pode cursar o proxecto fin de carreira.
Por último, dende IESGA Uvigo, valoramos moi positivamente esta xuntanza, agradecemos a boa disposición amosada polo candidato Salustiano Mato e mailo seu equipo e desexámoslle sorte de cara as elección do día 20.

4 comentarios:
Qué tiene que ver el rector con la política erasmus de la escuela?
Ó reitor a través da vicerreitoría de relacións internacionais, pode estudar a situación de cada centro para modificar dita política, sempre xunto coa dirección do mesmo, para equipararse ós demais centros.
Como exemplo recente temos a Escola Técnica Superior de Enxeñería en Telecomunicacións (ETSET).
En concreto, no caso da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (EUETI) Salustiano Mato falou da posibilidade de que se ofertara cursar asignaturas durante a beca ERASMUS tan so en aqueles centros que autorizase a dirección da escola, deixando os demais so para o proxecto, como o ata de agora. Todo isto consensuado entre dirección e alumnos.
Persoalmente, paréceme que isto xa sería un gran avance.
Un saúdo
Aún así, es el profesorado de la escuela es el que decide, el rector no tiene ningún tipo de poder al respecto.
De todos modos os deseo lo mejor a los de la EUETI que bastante tenéis.
Respeto a túa opinión aínda que non a comparto.
Penso que o reitor ten moito que dicir sobre este tema e dende IESGA esperamos e demandaremos que o faga.
Un saúdo
Publicar un comentario