Bolsas uvigo

Nos últimos días, algúns compañeiros teñen acudido a nos preguntando que pasara coas diversas becas e bolsas da Universidade, pois non sabían moi ben onde atopalas.

Coidamos que moitas é posible que non as vaian atopar en ningures, debido a política de recortes que mantivo Feijoo nestes últimos dous anos, namentres que as que resistiron os recortes poden ser consultadas na páxina web da Universidade de Vigo.

Ante os últimos cambios de dita web pode que sexa un pouco máis complexo dar con elas, así que vos facilitamos o seguinte enlace onde se atopan tódalas bolsas vixentes.

Para calquera outra consulta non dubidedes en dirixirvos a nos a través de este blog ou nos correos electrónicos.

Por último tamén comentar que os exames aplazados pola folga do día 27 celebraranse este próximo luns.

Sorte a todos

0 comentarios:

Publicar un comentario