a POLA terceira!

Tal día como hoxe, hai 80 anos, instaurábase a 2ª República Española. Unha das épocas mais modernizadoras e de maior liberdade do país. Trouxo consigo grandes conquistas como as primeiras eleccións onde as mulleres tiñan dereito a voto.

Dereitos e liberdades que foron traxicamente interrompidos por 40 anos de ditadura.
Dende IESGA queremos celebrar esta data tan sinalada co manifesto e mailo cartel que nos achegan dende a coordinadora nacional.


E aproveitamos este aniversario para lembrarvos os valores que a 2ª República propoñía: Liberdade, Igualdade e Fraternidade.
A única loita que se perde é a que se abandona, a pola terceira.


0 comentarios:

Publicar un comentario