Durante toda esta semana (do 11 ó 15 de abril) celebrarase a "Semana Europea da Enerxía Sostible". Con tal motivo a universidade de Vigo preparou distintas actividades consistentes na realización dunha exposición e un itinerario sobre eficiencia e sostibilidade enerxética. Todo isto culminará o venres nunha xornada na que se desenvolverán distintas charlas con expertos en temas de enerxía sostible.
Para descargarvos o formulario de inscrición e a información completa podédelo facer a través da páxina que a universidade habilitou a tal efecto. Animámosvos a participar, por un planeta mais sostible.
0 comentarios:
Publicar un comentario